martes, 25 de decembro de 2018

TRADICIÓNS DE NADAL

Estes días estivemos traballando distintas tradicións do Nadal. E para felicitarvos as festas eliximos un Canto de Reis ou Aguinaldo.

luns, 3 de decembro de 2018

SISTEMA SOLAR

Os nenos e nenas de 5 de Infantil prestáronnos este taboleiro para ver que cousas xa sabíamos sobre o sistema solar. En breve, empezaremos a investigar sobre este tema para aprender moitas cousas.


xoves, 29 de novembro de 2018

PRIMEIRAS PRÁCTICAS DE XORNALISMO

Primeiro tivemos os primeiros contactos co mundo dos medios de comunicación: saída a RadioVigo e Televigo e visita do xornalista de Europa Press.
Despois creamos anuncios publicitarios para radio e xornal, buscamos noticias en xornais e fixemos lectura comprensiva de titulares e entradillas.
A continuación traballamos en textos adaptados a noticia e a entrevista para familiarizarnos coa súa estrutura.
E finalmente redactamos unha noticia entre todos e puxémonos man á a obra para facer as nosas prácticas diante da cámara.


domingo, 18 de novembro de 2018

CÁLCULO MENTAL COS ESCORNABOTS

Hoxe toca calcular. Por turnos imos dicindo cantidades para sumar ou restar e cando temos a solución, movemos o ESCORNABOT.


luns, 12 de novembro de 2018

TRABALLANDO A NOTICIA COS ESCORNABOTS

Durante esta semana estivemos buscando noticias científicas nos xornais. Observamos que tiñan un titular, unha entradilla, as veces, foto e pé de foto, etc.
Ademais intentamos buscar a resposta a 4 preguntas sobre a noticia: cando?, onde?, quen? e que?
Ao final da semana practicamos estes conceptos nos taboleiros que preparamos para mover o ESCORNABOT.

martes, 6 de novembro de 2018

VISITA DO XORNALISTA

E seguimos aprendendo sobre os medios de comunicación ...
O xornalista de EUROPA PRESS, Mauro Bastón, estivo no colexio explicándolle ao alumnado de primero e segundo en que consiste o seu traballo.
Falou  dos medios que utiza para conseguir as noticias, das distintas tarefas que ten que facer, das oficinas nas que traballa e, sobre todo, dos pasos que ten que seguir para elaborar unha noticia: selección do tema, fontes onde consegue a información, expertos aos que consulta, redacción do texto e publicación.
Tamén fixo fincapé na importancia da publicidade na supervivencia dos xornais.

luns, 5 de novembro de 2018

TEXTOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE SEARA

Outros dos nosos alumnos trouxeron as entrevistas aos avós por escrito. Podedes ver as respostas na seguinte presentación. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.

domingo, 4 de novembro de 2018

VÍDEOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS

Meténdonos de cheo no proxecto  "Comunicando" pedimos aos nenos que fixeran de xornalistas  e preguntaran aos seus avós e avoas como eran antes estes días.
Descubrimos que cando eran pequenos non celebraban o Samaín, celebraban o Día de Defuntos:  todos ían ao cemiterio a limpar e poñer flores, a maioría oían misa, ceaban todos xuntos bacallao con verduras e de postre tomaban castañas, mazáns asadas e chulas de cabaza,  ademáis esa noite deixaban a mesa sen recoller por se viñan os mortos a cear, poñían velas dentro da casa, e algúns, os máis rebuldeiros, facían caliveras coas cabazas e as poñían nos camiños para asustar á xente.
Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, moi especialmente aos avós que tan amablemente se prestaron a ser entrevistados. Intentaremos colgar no blog da biblioteca os vídeos, audios e entrevistas escritas que nos fixestes chegar. Novamente moitas grazas a todos!

Avós de Xián:

Avoa de Hugo:

Avoas de Borja:

Avoa de Iria e Daniel:

Avoas de Paula, Lorenzo, Hugo, Martín, Ariana e Desiré:

mércores, 31 de outubro de 2018

SAMAÍN EN SEGUNDO

Estes días estivemos traballando distintos aspectos da festa de Samaín. A verdade é que ríndonos do medo podemos pasalo moi ben.
As familias colaboraron con varias entrevistas gravadas e textos que falaban da celebración do Día de Defuntos coa información que aportaron os avós e as avoas. E tamén decoraron as cabazas na casa.
Coa axuda da profe Berta utilizamos a aplicación MSQRD que nos permitiu modificar a imaxe da nosa cara, con formas moi divertidas, en tempo real.

venres, 12 de outubro de 2018

MOAÑA, A NOSA LOCALIDADE

As primeiras semanas de curso estivemos coñecendo a nosa localidade. Empezamos cun paseo polo barrio e arredores.
Observamos distintos servizos que presta o Concello.


A recollida selectiva de lixo.



A compostaxe.



A limpeza de parques e xardíns.

O alumeado público.

Comprobamos que as persoas poden vivir en edificios ou casas.



Pasamos por diferentes comercios que nos ofrecen diferentes servizos: alimentación, vestido e calzado, telefonía, lavandería ...

E tamén pasamos por algúns edificios públicos coma o Concello, a ludoteca municipal, o centro de saúde, etc.


Despois de diferentes actividades arredor do tema da localidade houbo dúas cousas que chamaron máis a nosa atención: que o Concello de Moaña está gobernado por unha alcaldesa e que no escudo de Moaña hai aparece a fragata Numancia e a ponte de Sampaio.

venres, 5 de outubro de 2018

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

  A principios de outubro visitamos as instalacións de TELEVIGO para achegarnos ao funcionamento dunha emisora de radio e dunha canle de televisión local. A experiencia foi moi atraente porque poidemos participar en diferentes actividades relacionadas co día a día do traballo dos técnicos da emisora.Tamén foi do máis agradable o paseo en barco. En resumo, unha saída fantástica.

luns, 1 de outubro de 2018

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos. Adem...