sábado, 13 de abril de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos.
Ademais engadimos cenorias, tomates, aceitunas, bonito, aceite e sal.
Encantounos a ensalada ata tal punto que deixamos os platos super limpos, rebañando cuns anacos de pan fresco.
Despois dunhas semanas traballando a comida saúdable, xa o podemos dicir: practicamos unha alimentación sa e gostamos moito dos produtos ecolóxicos.

mércores, 10 de abril de 2019

VISITA Á GRANXA ECOLÓXICA CASA GRANDE DE XANCEDA

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos a GRANXA DE XANCEDA para ver un exemplo de produción de alimentos totalmente responsable co medioambiente.



No mini cortello están os becerriños, os bebés da granxa.  En casa Grande de Xanceda non compran vacas doutras granxas, todas naceron aquí!. Así, poden coidar a súa alimentación e consentilas como se merecen dende pequeniñas. E encántalles recibir visitas que lle dean o biberón!



Muxen as vacas polas mañás e polas noites. A sala de ordeño ten WIFI. As vacas levan unha pulserita na pata conectada vía WIFI a un computador que logo recollerá estatísticas sobre o número de litros de leite e a calidade. A pulseira ademais conta os pasos que dá cada vaca.






Na  cava, o queixo madura de forma lenta cuberto completamente de cebada ecolóxica. A cebada non só axuda a conservar o queixo, senón que tamén lle aporta aromas únicos. A maduración esixe moito traballo xa que se deben voltear os queixos dentro da cebada cada dous días.
Durante os 65 días de maduración respetase o desenvolvemento natural dos mofos sobre a cosia que axudan a desenvolver todos os aromas a froitos secos deste queixo.




Neste vídeo estamos moi atentos ás explicacións sobre as casiñas de diferentes animais que viven na granxa e intendo resolver adiviñas para descubrir os nomes dos animais.








xoves, 4 de abril de 2019

CONTACONTOS: O LOBO CON BOTAS

O contacontos Iago López visitounos a semana pasada para unha sesión de animación á lectura sobre o conto O Gato con botas.
A elección deste libro foi un éxito rotundo. A valoración dos nenos e as nenas  despois da lectura foi de excelente, por unanimidade. E o mesmo pasou coa recreación que fixo Iago López do conto.
Agradecémoslle a súa visita e a súa xenerosidade ao concedernos unha entrevista para a Radio escolar despois do esforzo da sesión de contacontos.






martes, 2 de abril de 2019

UN XESTO POLO AUTISMO: ILÚMINAO DE AZUL

Despois dunha pequena posta en común sobre o que significa ser diferente e da importancia da  inclusión no noso día a día, sumámonos a proposta da asociación Autismo Morrazo e participamos xunto con todo o colexio nun xesto de apoio e compromiso co autismo.
E, como nos motiva moito a expresión artística, entre todos, participamos na produción dun mural de composición con fondo de pintura á cera, dándolle volumen con rosas azuis en papel.
Tomamos como punto de partida unha foto montaxe e o lema mundial "Light it up blue" para edificios relevantes de todas as cidaes do mundo e fixemos unha recreación persoal.

sábado, 30 de marzo de 2019

A NOSA HORTA

Xa polo mes de febreiro empezamos co traballo no invernadorio.
No mercado local do sábado mercamos unhas plantiñas de repolo, leituga, tomate e canónigos. O luns, Manuel, un colaborador moi entusiasta, axudounos a preparar a terra, a facer os buratos distrubuindo o espacio e a plantar. Tamén nos regalou unhas sementes de chícharos e calabacíns que xa forman parte da nosa pequena horta.

Día a día estamos observando como medran as plantas. Baixamos case todas as mañáns para regar e coidar a nosa parcela.

AGRICULTURA ECOLÓXICA vs AGRICULTURA INDUSTRIAL

Co visionado destes dous vídeos pretendemos despertar en nós actitudes de interés pola orixe dos alimentos, de responsabilidade no proceso de cuidado das plantas e de respecto aos procesos naturais e a biodiversidade.





mércores, 27 de marzo de 2019

PRODUCIÓN DE ALIMENTOS ECOLÓXICOS EN MOAÑA

O mércores día 27, o alumnado de 1º e 2º de primaria, tivemos a visita de dous xóvenes de Moaña que se dedican a produción de alimentos ecolóxicos: Carlos é un dos socios da cooperativa A Ameixoeira e Daniel dedícase a apicultura.
Os dous nos falaron do seu traballo e do seu compromiso co medio ambiente: agricultura ecolóxica, comercio de proximidade, produtos de quilometro cero, alimentación saúdable, consumo responsable, etc.

Deixáronnos unha pequena mostra dos produtos que comercializan e aproveitamos a ocasión para tomar un pequeno refrixerio do máis variado e saudable: queixos con marmelada de cabaza, iogur de cabra con mel, mazás, peras, kiwis, aguacate...

Como podedes ver, non o pasamos nada mal e non pasamos moita fame. Haberá que repetir algún que outro refrixerio coma este.

xoves, 21 de marzo de 2019

MARZO MES DA POESÍA

Durante todo o mes de marzo estivemos realizando diferentes tarefas arredor da idea da inminente chegada da primavera e do mes da poesía: obradoiros, lecturas de poemas, recitados, titoriais de papiroflexia...


A primeira tarefa, o obradoiro de PAPIROFLEXIA,  tiña como obexectivo agasallar aos compañeiros/as de Infantil cunha rosa vermella feita en papiroflexia e tamén cunhas tarxetas de palabras decoradas que nos evocaban á primavera.





Ao longo de todo o mes aproveitamos diferentes momentos da mañán para facer lecturas de poemas, ensaios de voz e entonación, recitados en vídeo, recitados para Radio Seara, ilustracións de estrofas...






VERSOS VEXETAIS







Por fin chegou o 21 de marzo e xa moi motivados coas actividades previas, coa a idea de compartir un obradoiro conxunto con Infantil e acompañados dun día espléndido de sol, baixamos ao patio para confeccionar un mural en papel continuo usando diferentes tipos de pinturas de auga e acrílicas, e escoitando moi atentos as indicacións da profe Ángela e da profe Luisa.
O resultado foron dous murais grandes cheos de colorido, entusiasmo e palabras primaverais. Para rematar a festa intercambiamos os agasallos e disfrutamos moi orgullosos/as da nosa obra de arte.

venres, 22 de febreiro de 2019

DÍA DA ÁRBORE

O martes 19 de febrero participamos na terceira edición do Día da Árbore xunto cos outros centros de Moaña. A actividade está organizada polo Concello en colaboración coas  comunidades De Montes.
Plantamos diferentes especies autóctonas distribuidos en grupos. Despois tivemos un tempo de lecer para merendar e para dar un pequeno paseo ata a Poza da Moura.
Para rematar a festa disfrutamos da actuación do contacontos Anxo Moure.

venres, 8 de febreiro de 2019

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Esta semana o alumnado de primeiro e segundo visitamos o "Sexto edificio", unha das dependencias do Museo de Pontevedra.
Antes de empezar a visita explicáronnos algunhas normas básicas a ter en conta durante o percorrido polas diferentes salas.
 Da paleta ao lenzo:   Esta actividade didáctica  dinamizada pola pintura , partindo da observación do instrumental tradicional das e dos pintores e dunha selección de obras, permitiranos coñecer diferentes maneiras de pintar, soportes distintos e temas variados; facendo fincapé nestes xéneros: retrato, paisaxe e bodegón-


venres, 1 de febreiro de 2019

APRENDEMOS SOBRE O SISTEMA SOLAR

Os primeiros días estivemos a descubrir curiosidades sobre o noso sistema solar. Buscamos información nunha selección de libros da biblioteca, adaptados ao nivel dos nenos. Tamén poidemos xogar con pequenas maquetas dos planetas e o sol, das constelacións e dun cohete que conseguimos montar entre todos. E ademais, escoitamos pezas musicais inspiradas nas estrelas.



Durante dúas ou tres sesións de Educación Plástica fixemos unha manualidade que simula o movemento de traslación da Terra e da Lúa. E tamén un cuadro, en fondo de cartulina negra, cos planetas que cada quen elexiu e a constelación do seu horóscopo.




Aproveitamos os fondos da biblioteca de películas e comics de Tintín que versan sobre a Lúa e a partir deles elaboramos os nosos propios comics.



E para rematar esta viaxe planetaria disfrutamos moito da visita que fixemos a Naturnova para descubrir máis cousas do noso Sistema Solar.

venres, 25 de xaneiro de 2019

VISITA Á EXPOSICION "LATEXOS NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN"

Latexos presenta 68 pezas de arte moi variadas que recorren desde finais do século XIX á actualidade.
A exposición está composta por unha selección de pezas que reflexan a evolución dunha das coleccións de arte galego máis importantes que existen.
A visita escolar está pensada como unha proposta lúdico-didáctica deseñada para compartir cos máis cativos.

martes, 22 de xaneiro de 2019

JINGLES NA PUBLICIDADE EN RADIO E TELEVISIÓN

O jingle en radio e televisión é un tema musical ( canción ou melodía ) utilizado con fins publicitarios. Son de corta duración ( de 5 a 60 segundos )  e fáciles de lembrar. O seu obxectivo é chamar á atención do espectador ou ouvinte para promover un producto ou servicio.
Aquí vos deixamos uns exemplos que forman parte da historia audiovisual en España e cos que estamos a traballar estes días.








venres, 18 de xaneiro de 2019

OS ANIMAIS E AS PLANTAS

Despois de traballar diferentes aspectos do tema dos animais e do tema das plantas fixemos estas presentacións sobre o animal e a planta que eleximos. A QUE NOS QUEDARON XENIAL?

 
















martes, 8 de xaneiro de 2019

SISTEMA SOLAR

Aquí tedes unha galería de imaxes de distintos elementos do sistema solar para que vos fagades unha idea do que iremos atopando na nosa viaxe polo Universo.



OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos. Adem...