sábado, 13 de abril de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos.
Ademais engadimos cenorias, tomates, aceitunas, bonito, aceite e sal.
Encantounos a ensalada ata tal punto que deixamos os platos super limpos, rebañando cuns anacos de pan fresco.
Despois dunhas semanas traballando a comida saúdable, xa o podemos dicir: practicamos unha alimentación sa e gostamos moito dos produtos ecolóxicos.

mércores, 10 de abril de 2019

VISITA Á GRANXA ECOLÓXICA CASA GRANDE DE XANCEDA

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos a GRANXA DE XANCEDA para ver un exemplo de produción de alimentos totalmente responsable co medioambiente.



No mini cortello están os becerriños, os bebés da granxa.  En casa Grande de Xanceda non compran vacas doutras granxas, todas naceron aquí!. Así, poden coidar a súa alimentación e consentilas como se merecen dende pequeniñas. E encántalles recibir visitas que lle dean o biberón!



Muxen as vacas polas mañás e polas noites. A sala de ordeño ten WIFI. As vacas levan unha pulserita na pata conectada vía WIFI a un computador que logo recollerá estatísticas sobre o número de litros de leite e a calidade. A pulseira ademais conta os pasos que dá cada vaca.






Na  cava, o queixo madura de forma lenta cuberto completamente de cebada ecolóxica. A cebada non só axuda a conservar o queixo, senón que tamén lle aporta aromas únicos. A maduración esixe moito traballo xa que se deben voltear os queixos dentro da cebada cada dous días.
Durante os 65 días de maduración respetase o desenvolvemento natural dos mofos sobre a cosia que axudan a desenvolver todos os aromas a froitos secos deste queixo.




Neste vídeo estamos moi atentos ás explicacións sobre as casiñas de diferentes animais que viven na granxa e intendo resolver adiviñas para descubrir os nomes dos animais.








xoves, 4 de abril de 2019

CONTACONTOS: O LOBO CON BOTAS

O contacontos Iago López visitounos a semana pasada para unha sesión de animación á lectura sobre o conto O Gato con botas.
A elección deste libro foi un éxito rotundo. A valoración dos nenos e as nenas  despois da lectura foi de excelente, por unanimidade. E o mesmo pasou coa recreación que fixo Iago López do conto.
Agradecémoslle a súa visita e a súa xenerosidade ao concedernos unha entrevista para a Radio escolar despois do esforzo da sesión de contacontos.






martes, 2 de abril de 2019

UN XESTO POLO AUTISMO: ILÚMINAO DE AZUL

Despois dunha pequena posta en común sobre o que significa ser diferente e da importancia da  inclusión no noso día a día, sumámonos a proposta da asociación Autismo Morrazo e participamos xunto con todo o colexio nun xesto de apoio e compromiso co autismo.
E, como nos motiva moito a expresión artística, entre todos, participamos na produción dun mural de composición con fondo de pintura á cera, dándolle volumen con rosas azuis en papel.
Tomamos como punto de partida unha foto montaxe e o lema mundial "Light it up blue" para edificios relevantes de todas as cidaes do mundo e fixemos unha recreación persoal.

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos. Adem...