xoves, 29 de novembro de 2018

PRIMEIRAS PRÁCTICAS DE XORNALISMO

Primeiro tivemos os primeiros contactos co mundo dos medios de comunicación: saída a RadioVigo e Televigo e visita do xornalista de Europa Press.
Despois creamos anuncios publicitarios para radio e xornal, buscamos noticias en xornais e fixemos lectura comprensiva de titulares e entradillas.
A continuación traballamos en textos adaptados a noticia e a entrevista para familiarizarnos coa súa estrutura.
E finalmente redactamos unha noticia entre todos e puxémonos man á a obra para facer as nosas prácticas diante da cámara.


domingo, 18 de novembro de 2018

CÁLCULO MENTAL COS ESCORNABOTS

Hoxe toca calcular. Por turnos imos dicindo cantidades para sumar ou restar e cando temos a solución, movemos o ESCORNABOT.


luns, 12 de novembro de 2018

TRABALLANDO A NOTICIA COS ESCORNABOTS

Durante esta semana estivemos buscando noticias científicas nos xornais. Observamos que tiñan un titular, unha entradilla, as veces, foto e pé de foto, etc.
Ademais intentamos buscar a resposta a 4 preguntas sobre a noticia: cando?, onde?, quen? e que?
Ao final da semana practicamos estes conceptos nos taboleiros que preparamos para mover o ESCORNABOT.

martes, 6 de novembro de 2018

VISITA DO XORNALISTA

E seguimos aprendendo sobre os medios de comunicación ...
O xornalista de EUROPA PRESS, Mauro Bastón, estivo no colexio explicándolle ao alumnado de primero e segundo en que consiste o seu traballo.
Falou  dos medios que utiza para conseguir as noticias, das distintas tarefas que ten que facer, das oficinas nas que traballa e, sobre todo, dos pasos que ten que seguir para elaborar unha noticia: selección do tema, fontes onde consegue a información, expertos aos que consulta, redacción do texto e publicación.
Tamén fixo fincapé na importancia da publicidade na supervivencia dos xornais.

luns, 5 de novembro de 2018

TEXTOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE SEARA

Outros dos nosos alumnos trouxeron as entrevistas aos avós por escrito. Podedes ver as respostas na seguinte presentación. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.

domingo, 4 de novembro de 2018

VÍDEOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS

Meténdonos de cheo no proxecto  "Comunicando" pedimos aos nenos que fixeran de xornalistas  e preguntaran aos seus avós e avoas como eran antes estes días.
Descubrimos que cando eran pequenos non celebraban o Samaín, celebraban o Día de Defuntos:  todos ían ao cemiterio a limpar e poñer flores, a maioría oían misa, ceaban todos xuntos bacallao con verduras e de postre tomaban castañas, mazáns asadas e chulas de cabaza,  ademáis esa noite deixaban a mesa sen recoller por se viñan os mortos a cear, poñían velas dentro da casa, e algúns, os máis rebuldeiros, facían caliveras coas cabazas e as poñían nos camiños para asustar á xente.
Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, moi especialmente aos avós que tan amablemente se prestaron a ser entrevistados. Intentaremos colgar no blog da biblioteca os vídeos, audios e entrevistas escritas que nos fixestes chegar. Novamente moitas grazas a todos!

Avós de Xián:

Avoa de Hugo:

Avoas de Borja:

Avoa de Iria e Daniel:

Avoas de Paula, Lorenzo, Hugo, Martín, Ariana e Desiré:

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos. Adem...