sábado, 30 de marzo de 2019

A NOSA HORTA

Xa polo mes de febreiro empezamos co traballo no invernadorio.
No mercado local do sábado mercamos unhas plantiñas de repolo, leituga, tomate e canónigos. O luns, Manuel, un colaborador moi entusiasta, axudounos a preparar a terra, a facer os buratos distrubuindo o espacio e a plantar. Tamén nos regalou unhas sementes de chícharos e calabacíns que xa forman parte da nosa pequena horta.

Día a día estamos observando como medran as plantas. Baixamos case todas as mañáns para regar e coidar a nosa parcela.

AGRICULTURA ECOLÓXICA vs AGRICULTURA INDUSTRIAL

Co visionado destes dous vídeos pretendemos despertar en nós actitudes de interés pola orixe dos alimentos, de responsabilidade no proceso de cuidado das plantas e de respecto aos procesos naturais e a biodiversidade.





mércores, 27 de marzo de 2019

PRODUCIÓN DE ALIMENTOS ECOLÓXICOS EN MOAÑA

O mércores día 27, o alumnado de 1º e 2º de primaria, tivemos a visita de dous xóvenes de Moaña que se dedican a produción de alimentos ecolóxicos: Carlos é un dos socios da cooperativa A Ameixoeira e Daniel dedícase a apicultura.
Os dous nos falaron do seu traballo e do seu compromiso co medio ambiente: agricultura ecolóxica, comercio de proximidade, produtos de quilometro cero, alimentación saúdable, consumo responsable, etc.

Deixáronnos unha pequena mostra dos produtos que comercializan e aproveitamos a ocasión para tomar un pequeno refrixerio do máis variado e saudable: queixos con marmelada de cabaza, iogur de cabra con mel, mazás, peras, kiwis, aguacate...

Como podedes ver, non o pasamos nada mal e non pasamos moita fame. Haberá que repetir algún que outro refrixerio coma este.

xoves, 21 de marzo de 2019

MARZO MES DA POESÍA

Durante todo o mes de marzo estivemos realizando diferentes tarefas arredor da idea da inminente chegada da primavera e do mes da poesía: obradoiros, lecturas de poemas, recitados, titoriais de papiroflexia...


A primeira tarefa, o obradoiro de PAPIROFLEXIA,  tiña como obexectivo agasallar aos compañeiros/as de Infantil cunha rosa vermella feita en papiroflexia e tamén cunhas tarxetas de palabras decoradas que nos evocaban á primavera.





Ao longo de todo o mes aproveitamos diferentes momentos da mañán para facer lecturas de poemas, ensaios de voz e entonación, recitados en vídeo, recitados para Radio Seara, ilustracións de estrofas...






VERSOS VEXETAIS







Por fin chegou o 21 de marzo e xa moi motivados coas actividades previas, coa a idea de compartir un obradoiro conxunto con Infantil e acompañados dun día espléndido de sol, baixamos ao patio para confeccionar un mural en papel continuo usando diferentes tipos de pinturas de auga e acrílicas, e escoitando moi atentos as indicacións da profe Ángela e da profe Luisa.
O resultado foron dous murais grandes cheos de colorido, entusiasmo e palabras primaverais. Para rematar a festa intercambiamos os agasallos e disfrutamos moi orgullosos/as da nosa obra de arte.

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUTOS DA HORTA

Para celebrar o final do trimestre fixemos unha pequena merenda con algúns dos vexetais que recollemos da horta: leitugas e canónigos. Adem...